RESERVAS / VISITAS GUIADAS
LONXA ARMADORES DE BURELA

 

Benvidos á principal lonxa europea en Pescada do Pincho

Desde 2021 conta cun proceso de poxa 100% informatizado, eliminando a voz humana e incorporando pantallas de visualización e mandos de poxa.

Aquí comercialízanse 115 especies cada ano. Burela é primeira lonxa de Galicia en Pescada do pincho, Bonito do norte, Cabala, Cabra de altura, Bertorella, Palometa Vermella, Mero, Escarapote...

É a principal lonxa de competencia autonómica por volume de negocio, cunha media anual duns 60 millóns de euros de facturación e unhas 15.000 tn comercializadas, achegando o 15% de ingresos por primeira venda de toda Galicia.

Punto de encontro: Salón de actos no 1º andar da nave da lonxa (entrando pola porta principal e subindo as escaleiras)

Visitas guiadas

Duración aprox. 60 minutos
Máximo 30 persoas por grupo
Obrigatoria reserva previa WEB
Prohibido acceso á lonxa sen reserva

Horarios

Meses de xullo e agosto
Luns: 18:00
Martes a xoves: 19:00

Prezos

+18 anos: 8€
12-17 anos: 5€
-12 anos: gratis

A reserva só estará confirmada cando reciban resposta despois do pagamento. Todos/as os/as menores de idade deben ser anotados/as obrigatoriamente, incluídos os bebés.

gl_ES